9 - A organização da migração cabo-verdiana no estado espanhol. - PDF

Description
9 - A organização da migração cabo-verdiana no estado espanhol. LUZIA OCA GONZÁLEZ Introdución No Estado español existen na actualidade varias comunidades de orixe caboverdiana, supondo o número de residentes

Please download to get full document.

View again

of 25
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Information
Category:

Jobs & Career

Publish on:

Views: 12 | Pages: 25

Extension: PDF | Download: 0

Share
Transcript
9 - A organização da migração cabo-verdiana no estado espanhol. LUZIA OCA GONZÁLEZ Introdución No Estado español existen na actualidade varias comunidades de orixe caboverdiana, supondo o número de residentes en 2007 a unhas persoas, segundo a Embaixada de Cabo Verde en Madrid (2007). Nembargante, segundo os datos oficiais do INE 104, en 2007 había persoas caboverdianas no país. A gran diferenza nestas dúas fontes débese, por unha banda, á inclusión do colectivo de descendentes dos migrantes orixinarios do arquipélago, e por outra, á existencia de diversas nacionalidades no grupo de persoas procedentes do arquipélago e os seus descendentes, que no caso español serían caboverdiana, portuguesa e española e á existencia dun colectivo, máis ou menos amplo, en situación irregular. Os pioneiros caboverdianos chegaron a terras hispanas no proceso de gran mobilidade de traballadores caboverdianos dentro de Europa, a través da porta lisboeta, na etapa previa e inmediatamente posterior á independencia do país africano, no que se produciu o maior éxodo da súa historia (Carreira, 1983). A súa chegada produciuse a mediados dos anos 70, aínda que unha grande parte deles saíra de Cabo Verde anteriormente á independencia, cun período transitorio de permanencia en terras lusas. Ate a actualidade, os núcleos mais importantes encóntranse nas cidades de Madrid e Zaragoza, nas comarcas leonesas 105 do Bierzo e Laciana, e na costa de Lugo 106. Xunto coa importancia continuada destes catro enclaves, que podemos considerar históricos, pola súa formación xa nos anos 70, a partir da segunda metade dos 90 e máis acentuadamente na década de 2000, os destinos diversificáronse, aparecendo novos asentamentos. Este traballo pretende trazar unha análise da evolución dos fluxos caboverdianos no Estado Español, que se foi consolidando como destino estábel, aínda que minoritario 104 O Instituto Nacional de Estadística (INE) ofrece fontes diferenciadas para o estudo das migracións, polo que poden aparecer datos diferentes para un mesmo período, consoante a fonte empregada. Neste caso utilizaremos o Anuario Estadístico de Estranjería. 105 O estado español organízase en tres estructuras político-administrativas principais: a Central, as Comunidades Autónomas (divididas en provincias) e a Municipal. León é unha provincia da Comunidade Autónoma de Castela-León. 106 Lugo é unha provincia da Comunidade Autónoma da Galiza 172 na diáspora caboverdiana, ao longo das décadas de 80 e 90. Coa viraxe de século, as comunidades asentadas desde os anos 70, experimentan evolucións diferenciadas, cuxa tendencia xeral é de crecemento e diversificación, aproveitando as facilidades do novo marco migratorio entre España e Cabo Verde, nunha altura de estreitas relacións bilaterais. Partindo dunha exposición sobre os contextos de chegada e asentamento dos e das migrantes pioneiros que lanzaron as bases da futura diáspora caboverdiana en España, realizarase unha reflexión sobre os modos de organización dos fluxos con destino a diferentes lugares da xeografía española, que presentan a procedencia por illa e o xénero como elementos estruturantes desta porción da diáspora crioula. Dende esa óptica, tentaremos elaborar un retrato dos enclaves históricos da diáspora caboverdiana en terras españolas, realizando unha análise máis pormenorizada nos casos de León e Galiza, os máis estudados, que ofrecen exemplos diferenciados tanto na súa evolución como na organización interna, debido principalmente ao comportamento dos sectores nos que se inseriron laboralmente. Fontes para o estudo da diáspora caboverdiana em España: Sendo a corrente caboverdiana en España unha das pioneiras da emigración subsahariana en territorio español, existindo comunidades con máis de 30 anos de historia, sorprende a escaseza de estudos sobre a súa realidade. O caso leonés ten sido o máis estudado, constituíndo a tese de doutoramento de Rocío Moldes (1998) sobre a inserción laboral na minería do val de Laciana, a análise máis pormenorizada. Outros autores enfocaron a súa atención cara a outra comunidade asentada na provincia leonesa, en torno á localidade de Bembibre, dende unha óptica que analiza a inmigración caboverdiana na provincia de León conxuntamente coa portuguesa (López e Prieto, 1996; López, 2007), tamén moi importante na zona e no sector mineiro, da que no momento da chegada aínda facían parte. A fonte bibliográfica máis antiga da que temos constancia corresponde a un artigo de Aranda (1994), que pon en relación estas subcorrentes coa de Madrid. Por último, Ubaldo Martínez Veiga (1997), no marco dun estudo comparativo de catro colectivos migrantes, realiza unha análise sobre a inserción dos caboverdianos nas minas bercianas. 173 Sobre a comunidade caboverdiana en Galiza existen algúns traballos da nosa autoría (Fernández 107, 2004; Oca, 2005, 2007) en forma de comunicacións, artigos e capítulos de obras colectivas, baseadas no traballo de campo antropolóxico, inicialmente en calidade de interventora social e posteriormente como investigadora da súa evolución e integración a nivel laboral, social e cultural. En contraste cos casos anteriores, as comunidades de Zaragoza e Madrid non teñen sido obxecto de estudos ou investigacións específicas, das que teñamos coñecemento. Coidamos que a súa existencia en grandes cidades ten contribuído a unha falta de visibilidade do colectivo, algo difícil nos casos anteriores, onde o asentamento en pequenas localidades de rexións periféricas, nunha altura de escasa migración subsahariana a España, deu lugar a un fenómeno de alta visibilidade dos colectivos, utilizados frecuentemente como exemplo das relacións interétnicas polos media locais e rexionais. Os dados oficiais móstranse inadecuados en canto fonte para cuantificar e caracterizar a diáspora caboverdiana no estado español, algo habitual no estudo da diáspora procedente do arquipélago. Neste feito pesan as peculiaridades en canto á nacionalidade, unidas á existencia dun colectivo en situación irregular e á mobilidade transnacional dos e das migrantes. Temos constatado a ineficacia das estatísticas no caso concreto da Galiza, do que elaboramos e reconstituímos censos en distintas épocas da súa evolución, amosando datos a miúdo diverxentes dos oficiais. Aínda así, debemos acudir ás estas fontes na tentativa de ofrecer unha panorámica da evolución da presenza de persoas caboverdianas no estado español, xa que son os únicos dados existentes a nivel global. Un dos baleiros de información que encontramos nos datos oficiais, é a inexistencia de cifras referentes ao colectivo caboverdiano con anterioridade á década de 80, na que a súa presenza xa era efectiva e estábel en territorio español. Por outro lado, ate anos moi recentes, os dados referentes ás migracións caboverdianas aparecen dentro da categoría resto de África, sendo imposíbel desagregalos. Aínda, aos totais de poboación recollida polas estatísticas oficiais deberíase somar o amplo colectivo de persoas nacionalizadas en España 108 nas últimas dúas 107 A autora deste artigo mudou o seu primeiro apelido, Fernández, por Oca, aparecendo ambas referencias bibliográficas. 108 Os cidadáns caboverdianos necesitan unha residencia legal continuada de 10 anos para poder adquirir a nacionalidade española. 174 décadas. O colectivo nacionalizado español soma un total de individuos entre 1996 e , o que faría aumentar case nun terzo a cifra oficial de persoas caboverdianas en territorio español nese último ano. Así mesmo, ficaría fóra das estimacións o grupo de nacionalizados portugueses, de difícil rastreo nas estatísticas, así como os caboverdianos que tomaron a nacionalidade española anteriormente a 1996, que polos anos de residencia transcorridos para os pioneiros podería tratarse dun importante colectivo. Por último, é necesario matizar o caso específico dos descendentes nacidos en territorio español, un amplo colectivo ao que consideramos parte do fluxo caboverdiano na España, que ate finais dos anos 90 non acostumaba exercer o dereito á nacionalidade española, figurando como caboverdianos, desaparecendo como tales a partir dese período. Procesos de chegada: os fluxos pioneiros Ao longo dos anos 70, Portugal foi para as migrantes caboverdianas, alén de destino, a principal porta de entrada no camiño para outros países europeos máis atractivos economicamente. Dende os inicios desta década moitos dos migrantes caboverdianos tentaron pasar a Francia ou Holanda de xeito ilegal, o que supuña atravesar varias fronteiras europeas, máis difíciles de franquear canto máis ao norte se situaban. Nestes países xa fora constituído o embrión das comunidades que irían posibilitar o asentamento de novos coterráneos. No camiño dende terras lusas ate os países norteeuropeos, España era lugar de paso obrigado. Os dous estados ibéricos partillan unha extensa fronteira (1292 Km), que debía ser atravesada por algunha das múltiples opcións posíbeis, dada a súa amplitude. A entrada en España era ilegal, aínda que, daquela, a persecución da inmigración clandestina non constituíse unha prioridade para as autoridades, existindo certa permisividade, que se mantivo ata 1985, ano de promulgación da Lei Orgánica de los Derechos y Libertades de los Extranjeros. A partir desta primeira lei de estranxeiría, España comezou a exercer o papel de vixía das fronteiras exteriores da CEE, papel que se ten acentuado nas décadas seguintes, nas que se aprobaron diversas leis, así como 109 Fonte: Anuario Estadístico, INE. 175 procesos de extraordinarios de regularización, a semellanza dos outros países comunitarios, nos que moitos migrantes do arquipélago legalizaron a súa situación 110. No inicio da década dos 70, os Pirineos constituían unha das fronteiras que separaban a Europa rica e próspera da Europa pobre e subdesenvolvida, neste caso no fin dos reximes ditatoriais de Franco e Salazar. Esta cordilleira equivalía ao que na actualidade supoñen as fronteiras exteriores da UE, como Xibraltar ou o arquipélago canario. Ao longo da fronteira con Franza, a través do País Basco, as redes de contrabando, que sempre existiran, eran unha peza chave nas mallas da migración ilegal. Neste punto confluían outras correntes migratorias ibéricas, entre as cales a portuguesa, mais tamén as procedentes de países do Magreb (Alxeria, Marrocos), con destino a distintos países europeos. Aínda que a dimensión destes fluxos non era cuantitativamente comparábel á dos migrantes que tentan actualmente entrar na fortaleza europea, nen as viaxes tan longas, non estaban exentas de perigos, como atestiguan os arquivos e hemerotecas 111. A partir de la década de 1970, España se convirtió asimismo en un país de tránsito (y de destino) para los emigrantes de otras nacionalidades, en particular para aquéllos que procedían del continente africano; desde entonces, la prensa española se ha hecho eco de forma continuada de la muerte de migrantes que desde Portugal y desde África encuentran en España el trampolín para el tantas veces trágico salto sobre la frontera del Bidasoa (Pereira, 2008:76). Os tres estados implicados nos fluxos de portugueses cara o norte de Europa asinaron diversos acordos dous a dous, durante as décadas de 60 e 70. Os acordos bilaterais e leis nacionais referidas ás migracións mudaron frecuentemente, facilitando e/ou reprimindo o fluxo, seguindo os intereses políticos e económicos de cada un dos 110 A Lei de 1985 estivo vixente ate 2000, con diversas mudanzas que foron endurecendo os requisitos de entrada e regularización dos inmigrantes laborais, en consonancia coas directivas da UE, en paralelo co crecemento da porcentaxe de inmigrantes no estado español, especialmente a partir da segunda década dos anos Por exemplo, na edición do 11/05/1973, o xornal español ABC dá conta da morte de 130 emigrantes clandestinos no ano anterior, sendo 80 deles portugueses e 50 africanos, calificados como negros. Os caboverdianos poderían facer parte deste último grupo, a pesar de teren na altura nacionalidade portuguesa. Na edición do 27/02/1975 infórmase novamente da morte de unhas 50 persoas no ano anterior, nas mesmas circuntancias. Consultado en 176 estados implicados. O fluxo portugués a Franza, no que se incluía aos migrantes caboverdianos, caracterizouse nesta época por unha elevada porcentaxe de clandestinos e irregulares, que segundo a análise de Pereira (2008), era tolerada polos tres estados. Moitos dos pioneiros da migración criola a España ficaron no país como consecuencia do insuceso no paso da fronteira. Por outra banda, deuse unha chegada de homes caboverdianos a territorio español a partir de 1973/74, inseridos en empresas de construción civil. Esta inserción iniciouse na obra do encoro de Cedillo (Cáceres), no río Texo, en plena fronteira entre España e Portugal, no que participaron empresas de ambos países. En determinado momento, moitos traballadores portugueses (caboverdianos incluídos) pasaron a traballar coas construtoras españolas. Unha vez rematado o seu traballo nesta obra, en torno a 1974, moitos deles continuaron nestas empresas, pasando a traballar a España. Dous foron os destinos máis importantes: Vitoria (País Basco), para participar nas obras da autoestrada do norte (AP1), e Berga (Barcelona), onde se construíu o encoro de La Baells, en cuias obras estiveron ate A seguinte gran obra na que participaron estes traballadores foi a construción da central térmica de Andorra (Teruel, Aragón), nos anos 1976 e 77. Nese último ano chegaron á costa de Lugo (Galiza) os primeiros traballadores caboverdianos, para traballar na construción da factoría de Alúmina-Aluminio. As características da inserción laboral dos homes caboverdianos na altura supuñan unha dinámica de constantes traslados, dunha montaxe a outra, percorrendo a Península Ibérica. Nalgúns destes casos, o seu paso non deixou calquera rastro, xa que, ao funcionar exclusivamente como man de obra de enclave durante o tempo que demoraban as obras, non chegaban a asentarse 113. Neste contexto era excepcional a chegada de mulleres, aínda que as pioneiras fixeron a súa aparición nesta altura, en moitos casos xunto coas súas crianzas, procurando un lugar de asentamento. A estes traballadores caboverdianos uníronse algúns dos que tiveran má sorte no paso a Franza, inseríndose nas empresas de construción, nomeadamente en Vitoria e Andorra, próximos á fronteira pirenaica. 112 Segundo un dos nosos informantes, a finais de 1975 había un grupo de polo menos 80 homes caboverdianos neste enclave. 113 Exemplo disto é o caso de Andorra-Teruel, onde participaron na construción dunha das cubas da Central Térmica, por volta do ano 1976, residindo nas localidades de Andorra, Calanda e Alcañiz. Unha vez construída, e acabado o traballo, trasladáronse a outros puntos do país. O único vestixio do seu paso por estas terras é a pequena comunidade asentada desde aquela altura en Alcañiz, onde ficaron algunhas persoas a traballar na construción civil e nunha fábrica de cerámica. 177 Outro foco de atracción de man de obra caboverdiana na segunda metade da década de 70 respondeu á procura de traballadores non cualificados para as exploracións mineiras de León (nas comarcas 114 do Bierzo e Laciana), onde se foron inserindo dende 1975/76 os traballadores caboverdianos, en torno ás localidades de Bembibre e Villablino. Neste caso, os pioneiros chegaron a través da figura dos ganchos, persoas que se dedicaban a atraer man de obra, nomeadamente procedente da rexión transfronteiriza de Trâs-os-Montes, para as empresas mineiras leonesas (Moldes, 1998). A vinda dos pioneiros a territorio español está fondamente ligada á chegada de caboverdianos a Portugal, que frecuentemente continuaron viaxe utilizando as mesmas redes que os emigrantes portugueses, sendo eles proprios desta nacionalidade. Os pioneiros da emigración caboverdiana a España correspóndense cos fluxos da 1ª fase definida por diversos autores para a migración caboverdiana en Portugal (Góis, 2006), a dos traballadores convidados, anterior ao 25 de Abril, e a súa extensión nos anos seguintes, de xeito irregular. No caso español, non é relevante a presenza de retornados e repatriados, que autores como Góis (2006) sinalan como característicos da 2ª fase da migración caboverdiana a Portugal, na segunda metade da década dos 70. As elites caboverdianas non escolleron España como destino. Procesos de asentamento das comunidades históricas O asentamento permanente das comunidades históricas caboverdianas no territorio español produciuse a partir de 1978, coincidindo co inicio do réxime democrático. Por unha banda, unha parte dos traballadores procedentes de Andorra acabou por instalarse na capital aragonesa (Zaragoza), onde, por tratarse dunha grande cidade, foron absorbidos principalmente polo sector da construción, mais tamén por outros. Por outra banda, unha vez rematada a construción de Alúmina-Alumínio no litoral de Lugo, na Galiza, a maioría dos caboverdianos reemigrou cara outros lugares, ficando un pequeno grupo que veu inserirse a partir de 1978 na pesca de altura no porto de Burela, ocupando o baleiro deixado polos mariñeiros autóctonos, que mudaron de sector aproveitando a abertura da fábrica (Fernández, 2004). A continuidade da oferta laboral nas minas leonesas deu pé á chegada de máis homes ás zonas aludidas anteriormente, que se estabeleceron na zona de xeito permanente, ligados á actividade mineira. 114 As comarcas son entidades supramunicipais, de carácter xeográfico. 178 Un último asentamento foise conformando en Madrid. Neste caso, a diferenza dos anteriores, non foi a demanda de man de obra masculina a que favoreceu ou impulsou a formación deste enclave, senón a demanda, por parte de familias acomodadas, de mulleres para traballar nas súas casas como internas. Entre o fin da década dos 70 e o inicio da seguinte, os referidos destinos laborais convertéronse en permanentes, creándose o embrión de comunidades estábeis que perduran ate a actualidade (Zaragoza; Burela (Lugo); Villablino e Bembibre (León); Madrid), que consideraremos as comunidades históricas e máis relevantes da diáspora caboverdiana en España. Unha vez producido o asentamento dos homes e mulleres pioneiras, todas as comunidades entraron nos anos 80 nunha fase de crecemento, por unha banda a través de procesos de reagrupamento familiar, nas correntes de tipo masculino, e por outra banda, coa chegada de novos traballadores/as e as súas familias, que xa tiveron unha traxectoria prefixada grazas ás redes migratorias (Aranda, 1994). Todas as comunidades, agás Madrid, fóronse organizando en torno a familias nucleares, xurdidas tanto dos procesos de reagrupamento de esposas dende Cabo Verde, como pola creación de novas parellas durante o percurso migratorio. Destas comunidades fai parte un amplo colectivo de descendentes, algúns nacidos en terras españolas, mais moitos tamén en Cabo Verde e Portugal, no que non nos deteremos neste traballo, sendo nesta altura frecuente o reagrupamento de fillos e fillas que tiñan ficado no arquipélago. Este tipo de organización comunitaria en torno á familia nuclear, coexistiu sempre con grupos minoritarios de homes que partillaban existencia, sen facer vida de parella. No caso de Madrid, presumimos que non se xeralizaron os procesos de reagrupamento familiar, especialmente nesta época, debido ás características do servizo doméstico en rexime de internado, que supón a convivencia coa familia contratante, co efecto do illamento e a fragmentación das relacións sociais das migrantes. A cadea migrato
Related Search
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks